A Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI) constitúese no mes de setembro de 2000, e está integrada actualmente por 1300 persoas afectadas de toda Galicia, con idades comprendidas entre os 12 e os 70 anos.
1. Ser un espazo de encontro para as persoas afectadas por esa doenza, apoio, información, orientación e asesoramento.
2. Promover a sensibilización social con campañas informativas e foros de debate, sendo parte activa e afectada.
3. No ámbito sanitario, a aplicación, difusión, valoración e seguimento do protocolo de intervención médica, documento de fibromialxia publicado polo Ministerio de Sanidade.
4. Impulsar a investigación da sua etiopatoxía e dun tratamento efectivo, promovendo ós organismos públicos a que a inclúan dentro dos Plans Nacionais de I+D .
5. Recoñecemento das terapias complementarias da paliación da dor, con subvencións ou incluíndoas dentro da sanidade pública (UE) e evitar o fraude.
6. Valoración e puntuación da fibromialxia nos certificados de minusvalía.
7. No ámbito laboral, a recolocación da persoa afectada de fibromialxia na súa empresa, reflexándose nos seus convenios laborais.
8. No ámbito xudicial, o recoñecemento das incapacidades por fibromialxia.
Colabora con nós e faite socio ou voluntario!
XII Día Mundial da Fibromialxia. Máis información.
Delegación da comarca do Deza: obradoiro de relaxación e obradoiros coa psicóloga Ana Amorín. Venres 11 de maio, Día Mundial da Fibromialxia. Obradoiro de Autoestima impartido pola psicóloga Ana Amorín. Terá lugar ás 21:00h no local da delegación.
Delegación de Carballo: xoves 10 de maio, Día Mundial da Fibromialxia. Haberá unha mesa informativa na praza do Concello de 11:00 a 13:00 h. Obradoiros coa psicóloga Marisol Suárez o terceiro martes de mes no local da delegación.
Delegación de Lugo: venres 11 de maio, Día Mundial da Fibromialxia. Haberá unha mesa informativa diante do Concello, de 10:30h a 13:30h. Ás 12:00h procederase á lectura do Manifesto a cargo da Concelleira de Servizos Sociais, Dona Carmen Basadre. Obradoiros con Mar Martín (médica laboral e de familia). O último luns de mes de 18:00h a 20:00h no local da delegación.